Concurso de microficción

TAREFA. Escoller, analizar e ilustrar un microrrelato. Escribir un e valorar os dos demais.

ENTREGA. Publicación dunha páxina (non privada) cun título e coas partes que se indican a continuación. Podes operar así: crea unha páxina, copia as indicacións, pégaas nun bloque de texto e vai resolvendo paso a paso.

CRITERIOS básicos de avaliación

1. Escolle con criterio e sabe explicar as características da microficción.

  • Excelente: 5 p. Ben: 3'75 p. Regularciño: 2'5 p. Deficiente: 1'25 p. Non: 0 p.

2. Cita a fonte e ilustra o microrrelato de acordo co seu tema.

  • Excelente: 5 p. Ben: 3'75 p. Regularciño: 2'5 p. Deficiente: 1'25 p. Non: 0 p.

3. Compón un microrrelato acompañado dunha imaxe reveladora.

  • Excelente: 5 p. Ben: 3'75 p. Regularciño: 2'5 p. Deficiente: 1'25 p. Non: 0 p.

4. Participa valorando as creacións dos demais.

  • Excelente: 5 p. Ben: 3'75 p. Regularciño: 2'5 p. Deficiente: 1'25 p. Non: 0 p.

1. Comprensión dun microrrelato.

1. Escolle un exemplo deste subxénero entre os deste blogue, este ou este. Comproba se se axusta aos trazos que coñeces: brevidade extrema (dominio da elipse), secuencia narrativa incompleta, linguaxe precisa e suxestiva, final abrupto e impredicible. Reprodúceo no teu Tackk e cita o/a autor/a e mais a fonte (con link) de onde se tomou. Por exemplo:

     Eu como a terra. O lugar que habito debe conservarse impecable.

     O doutor díxome que teño cálculos renais. Advertiume de que, se sigo así, nun ano rebéntanme os riles.

     Este é o meu tempo. Esta é a miña aposta. Nun ano, o meu destino ditará sentenza: libre ou morto.

     (Adaptación dun microrrelato de Leonardo Dolengiewich publicado nesta revista)

2. Explica como se aprecian no texto esas características que lle outorgan especial valor ao non narrado e esixen un papel ben activo do lector para 'reler' e descubrir o oculto.

3. A partir de aí, ilustra o microrrelato cunha imaxe (ou máis) que represente o tema.

2. Escrita do texto.

Compón o teu microrrelato seguindo estes pasos:

1. Parte dun feito cotiá pero significativo. Non intentes resumir unha historia. Ese feito debera ter un valor ou sentido oculto que non debes chegar a explicar en ningún momento.

2. Sitúa o lector cun comezo con presenza do(s) protagonista(s) no espazo e/ou no tempo no que se produce o feito.

3. Pensa nun final sorprendente, unha frase que resitúe o lector.

4. Tes xa o inicio e o final: agora completa amosando só o imprescindible.

5. Ponlle un título revelador e acompáñao dunha imaxe adecuada.

3. Concurso.

Le as creacións dos demais e puntúaas (do 1 ao 10) a través dun comentario ao fondo da súa páxina.

+ Dicionarios na rede