Karen Spärck Jones

Karen Sparck Jones, Georgeok en Wikipedia CC BY 2

I. Biografía:

Karen Jones foi unha científica británica nacida o 26 de agosto de 1935 en Huddersfield, Yorkshire e falecida o 4 de abril de 2007 en Cambridgeshire. Era especialista en lingüística computacional, ademáis de unha investigadora pioneira na recuperación de información.Foi educada nunha escola primaria de Huddersfield e logo no Girton College de Cambridge. Dende 1953 ata 1656 estudou Historia e un ano adicional sobre ciencias morais (Filosofía). Entón comezou a traballar como mestra na escola, pero pouco despois comezou a traballar en informática. Durante todo este tempo que estuvo adicandose á informática impulsou notablemente que máis mulleres entraran nesta disciplina. Comenzou a súa carreira como investigadora en 1950 desenvolvendo un “ tesauro” ( lista de palabras ou terminos empregados para representar conceptos), para a Unidade de Investigación en Linguaxe da Universidade de Cambridge. En 1964 doctorouse cunha tesis chamada “Sinonímia e clasificación semántica”, empregando técnicas estadísticas e probabilísticas. Puido seguir investigando na recuperación de información grazas as distintas becas que lle foron concedidas por institucións como, a Royal Society ou a Biblioteca Británica ata que fichou polo Laboratorio de Informática da Universidade de Cambridge onde traballou dende 1974 ata a súa xubilación en 2002, aínda que seguiu traballando alí ata pouco antes de falecer por cancro en 2007, en Willianghan (Cambridge).Estivo casada con Roger Needham dende 1958 ata o falecemento de este en 2003.


II. Obra científica:
Liderou a indización automatizada (proceso de describir ou representar o contenido temático dun recurso de información) creando un indicador capaz de atopar a importancia informativa dunha palabra para un documento; o que se chamaría a partir de entón como “indización ponderada ou por pesos”. Este algoritmo elimina as palabras que aparezan en exceso, como por defecto, ao considerar que non aportan valor informativo suficiente como para describir o contenido do documento.

Premios:
Foi galardonada con numerosos premios:
-Premio Gerard Salton en 1988.
-Premio ASIST&T al Mérito Académico en 2002.
-Premio á traxectoria dunha vida investigadora da ACL, a asociación internacional máis prestixiosa na Lingüística computacional.
-Premio Allen Newell da ACM-AAAI (2007).
-Medalla Lovelace en 2007, cando xa estaba enferma de cancro.

Laura e Uxía