UN DIA DE ENTROIDO

No CEIP Padre Feijóo de Allariz

No colexio de Allariz as profesoras mercaron teas para darlle aos alumnos. Despois leváronas para casa a coser os pais ou nais. Cando estaban rematados, fixemos unha lanza, as puntas da lanza, os cuellos para os traxes,...O venres 8 de febreiro foi o entroido no colexio e despois no comedor só quedamos Estela, Blanca e eu. A profesora veunos recoller ao comedor e comezamos a vestirnos na clase.

Saímos a desfilar ata a Barreira, alí bailamos e eu encontrei á miña nai. Despois viñemos para a clase, recollimos as chaquetas, a mochila e fúmonos no autobús para a casa.