Comunidades autónomas de España

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

A estrutura do Estado Español en Comunidades Autónomas recóllese na Constitución española de 1978.

Tras a ratificación da Constitución Española, e como resultado da posta en funcionamento dos principios contidos no Título VIII, no curso duns poucos anos completouse o proceso de instauración das 17 Comunidades Autónomas e foron aprobados os seus estatutos. Foron tamén dotadas do seu propio órgano de goberno e institucións representativas.

Estremadura

Estremadura (en estremeño: Estremaúra, en castelán: Extremadura, na fala e portugués: Estremadura) é unha Comunidade Autónoma do oeste de España. Limita ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste coas rexións portuguesas do Alentejo e as Beiras.

A Comunidade Autónoma de Estremadura está formada polas provincias de Cáceres e Badaxoz. A capital é Mérida.

Mérida, a capital.

Na imaxe as Vegas del Guadiana (comarca) : Acueducto romano Los Milagros sobre o Val de Albarregas en Mérida (Patrimonio da Humanidade UNESCO)

O acueducto de los Milagros era unha das conducións que, en época romana, suministraban auga á cidade de Emérita Augusta (actual Mérida, España).
Un acueduto é un conduto feito polo ser humano coa fin de transportar auga dun lugar para outro salvando os desniveis do terreo. Poden ser subterráneos ou ir pola superficie, ou estaren edificados sobre arcadas ou sobre plataformas. Un dos acuedutos máis famosos é o acueduto de Segovia, da época romana coma este de Mérida.

Teatro romano de Mérida: teatro histórico levantado pola Antiga Roma na colonia Augusta Emerita,

A súa capital é Mérida (52.200 habitantes), e as capitais das provincias son Badaxoz (139.135 habitantes) e Cáceres (88.245 habitantes). Xunto a estas tres cidades, destacan Plasencia, na provincia de Cáceres e os municipios de Don Benito e Villanueva de la Serena,estas dúas na provincia de Badaxoz, constitúen os maiores núcleos urbanos da rexión.

Provincias:

Cáceres.

Plasencia.

Badaxoz.

O Val do Jerte.

Ben de Interés Cultural.Patrimonio histórico de España.

Outras poboacións

Comment Stream