Australia

A min gústame Australia porque me parece un país moi interesante. En Australia non teñen unha lingua propia, falan inglés un pouco modificado, hai moitos países que falan inglés e dun país a outro teñen  pequenas modificacións.A superficie de Australia é bastante grande. Ten unha superficie total de 7.692.024 km2. Non ten moitos habitantes, tan só ten 21.507.717 habtiantes. A súa densidade de poboación e de 2,8 hab./km2. A capital de Australi chamase Canberra que e unha cidade con aproximadamente 345.257 de habitantes, e con unha densidade de poboación de 414,5 hab./km2. A cidade máis poboada de Australia é Sidney con aproximadamente 4.627.345 habitantes e a súa densidade de poboación é de 2.050 hab./km2.

Os deportes máis practicados en Australia son o cricket, o fútbol australiano, o rugby e o fútbol. Os pratos que hai máis en abundancia son os pasteis, cotes asados de carne, filetes a parrilla, polo acompañado de verduras... O prato típico de Australia é o pastel de carne, como din en Australia "the meatloaf". Outros dos pratos comúns na dieta dos australianos son as carnes de animais exóticos como o crocodilo, o canguro ou o búfalo.

Comment Stream