Marissa Mayer

Marissa Mayer, Stemoc en Wikipedia

BIOGRAFÍA

Nome: Marissa Ann Mayer

Data de nacemento: 30 Maio de 1975

Idade: 39 anos

Nacionalidade: Estadounidense

Ocupación actual: Presidente e directora executiva de Yahoo

Anteriores ocupacións: Informática, enxeñeira e profesora

Estudos: Graduouse en sistemas de símbolos, posúe un máster en informática e ingenieria pola Universidade de Stanfort, especializouse en intelixencia artificial.

Casada cun investidor e teñen un fillo de 2 anos

Hoxe é a muller máis importante de Silicon Valley.

Cando Yahoo a contratou estando embarazada, ela anunciou que non faría uso da súa licenza por maternidade, o que foi duramente criticado polos defensores dos dereitos laborais.

BIOGRAFÍA LABORAL

Impartiu clases de introdución á programación informática en Stanfort a máis de 3.000 estudantes, esta Universidade outorgoulle varios premios pola súa contribución ao ensino

Cando rematou enxeñaría en Stanfort decidiu entrar a unha empresa nova nesa época, chamada Google, sendo a primeira muller do seu equipo de enxeñeiros. En 2001 deixou os traballos de enxeñaría e comezou a traballar en produtos, dirixindo un pouco máis tarde o servidor web e os equipos da interface de usuario.Trabajaba moito e facíao ben, pero a súa falta de comunicación co resto de traballadores converteuna nunha figura de amor e odio dentro de Google. Estivo a cargo do deseño minimalista que actualmente conserva o buscador de Google. Á parte estivo tras as decisións de servizos como; Google News, Google Desktop Search, Gmail, Google Images e Google Maps, entre outros Ata 2012 foi a vicepresidente de Produtos de busca e experiencia de usuario. Vixiaba o proceso de lanzamento dos seus produtos.Converteuse nunha das caras máis coñecidas de Google, facendo diversas entrevistas de prensa e aparecendo en actos como representante da compañía, aínda que o 16 de xullo de 2012, deixaba o seu posto en Google para converterse en presidenta e Directora executiva de Yahoo, onde Summly foi unha das súas primeiras compras. O cal chamou a atención por ser o invento dun rapaz con idade de ir ao instituto, despois de case unha trintena de adquisicións, Mayer anunciou en “Las Vegas” que acababa de comprar unha máis, Aviate unha aplicación moi simple á vez que útil. Tumblr foi outra das súas adquisicións de 2013 En verán de 2014 xustificou as súas medidas de recortes de gastos, como pechar oito oficinas,cancelar 65 produtos e desfacerse de 1,600 contratistas.

Melanie e Marcos