A tortura

Miro pra o reloxo e son horas de tortura, as 8:00 da mañá!A hora prohibida para os vagos coma min,sobre todo se é un luns,de choiva e sen as tarefas feitas.

Ao chegar ao insti as duas primeiras hora pásanse atolondrado,chega o primeiro recreo,e a toda presa nos quince minutos que tes intentas facer as tarefas para a hora seguinte,e agora que?,pois o profesor resulta que non aparece. Iso non é malo, o malo é que esgotaches tempo dun recreo en facer uns deberes que non tes que entregar...aaaaaiiih...isto é unha tortura. Apartires de agora fago as tarefas na casa.