Frances Elizabeth Allen

Frances Allen, Rama en Wikipedia C Attribution-Share Alike 2.0 France

QUEN É?

Frances Elizabeth “Fran” Allen naceu en Nueva York no ano 1932, foi pioneira no campo de optimización de compiladores. Algúns dos seus logros consisten en traballos orixinais sobre compiladores (que é un programa informático que traduce un programa escrito nunha linguaxe de programación a outra linguaxe de programación), optimización de código e paralelización. Ademais traballou en IBM e foi recoñecida dentro da compañía co seu nomeamento como IBM Fellow (IBM fabrica e comercializa hardware e software para ordenadores), sendo a primeira muller en recibir esta honra.

Graduouse en 1957 en Matemáticas no New York State College for Teachers, e nese mesmo ano rematou un máster na Universidade de Michigan. Aquel ano IBM distribuíu na Universidade uns folletos titulados “My Fair Ladies” para captar mulleres licenciadas en matemáticas, e Allen comezou a traballar en IBM coa intención de quedar só o tempo necesario para devolver o préstamo-bolsa dos seus estudos. Ela permaneceu en IBM ata a súa xubilación 45 anos despois. Allen comezou na sección de investigación de IBM para ensinar FORTRAN a outros investigadores. “Nesa época, o FORTRAN foi un avance revolucionario en computación”.

A SÚA VIDA:

Dende o principio, Allen estudou compiladores e sistemas de computación de alto rendemento. Estableceu as bases teóricas e prácticas das técnicas de optimización automática en compiladores, que ela mesma define como “a tradución da linguaxe dun programa nunha linguaxe apropiada para o hardware mellorando o seu rendemento”. Desenvolveu algoritmos subxacentes que son eficaces para moitos tipos de hardware e en situacións distintas, e definiu unha serie de técnicas que contribuíron a aumentar a eficiencia dos compiladores e que se seguen utilizando nos compiladores actuais.

Lucía D. y Ana L.