Barbara Liskov

Barbara Liskov, Mirko Raner en Wikipedia

Barbara Jane Huberman é unha prominente científica da informática de EEUU. Naceu no 1939, na actualidade ten 75 anos e traballa no departamento de Enxeñaría eléctrica e nas ciencias da informática do Instituto Tecnóloxico de Massachusetts.

Feitos relevantes da súa vida

-No 1961 conseguiu a súa graduación en matemáticas na Universidade de California.

-No 1968 convertiuse na primeira muller dos EEUU en conseguir un doctorado en Ciencias da Informática pola Universidade de Stanford.
-Dirixiu varios proxectos como deseñar a linguaxe de programación CLU, Arguse e Thor.
-Desenrolou xunto con Jeannette Wing unha particular definición de subtipo, comúnmente conocido como o Principio de sustitución de Liskov.


Premios e actualidade
A profesora Liskov é membro da Academia Nacional de Enxeñaría dos EEUU. É Informática, Matemática e profesora. En 2004 gañou a Medalla John von Neumann pola súa fundemental contribución ás linguaxes de programación e sistemas distribuidos. En 2008 gañou o Premio Turing pola súa contribución ós fundamentos teóricos e prácticos no deseño de linguaxes de programación e sistemas, especialmente relacionados coa abstración de datos, tolerancia a fallos e informática distribuida.


Máis información na súa páxina web: Bárbara Liskov

Iván Losada e Daniel Vila