País Vasco.

Comunidades autónomas de España.


Provincias:


A súa capital é Vitoria.

É a sede das principais institucións políticas da comunidade autónoma:o Goberno e o Parlamento Vasco. Enclavada nun cruce de camiños, foi un importante punto estratéxico tanto no plano militar como no comercial e cultural ó longo da historia. Xa desde tempos romanos, nos que a calzada que unía Astorga e Bordeos pasaba por Áraba, estas terras foron un eixo de comunicacións entre a Meseta Central e Europa.A actual Vitoria busca un modelo de desenvolvemento urbano de calidade, primando criterios de cohesión social, habitabilidade, respecto ó contorno, accesibilidade, conservación, recuperación do patrimonio e programas de integración e participación social. É unha cidade cunha intensa historia que se manifesta nun valioso patrimonio monumental.


Clima:

É un clima húmido,un clima no que encontaremos abundantes precipitacións e temperaturas suaves na maior parte do territorio.Ten zona costeira e zona montañosa o que configura paisaxes diferentes.


Territorio Montañoso:

O País Vasco é un territorio eminentemente montañoso, situado a cabalo dos extremos dos Pirineos e da Cordilleira Cantábrica, os cales se unen en territorio Vasco no que se chama “o umbral vasco”.




Economía:

Ten unha economía moi desenvolvida e apostan polo sector punteiro, a pesca tamén é unha economía moi importante dentro do País Vasco.A mediados dos anos oitenta, en plena crise económica, produciuse a reconversión industrial e a reindustrialización, o cal produciu un importante receso e, xa recuperada desta situación desde fai anos, é na actualidade unha das rexións máis desenvolvidas de España atopándose á cabeza desta en renda per cápita con 32.133 euros, un 33,8% superior á media nacional e 1.023 euros por encima da seguinte comunidade, Madrid. Segundo un estudo do Instituto Vasco de Estatística seguindo metodoloxía da ONU a rexión alcanzou en 2004 un dos Índices de Desenvolvemento Humano máis altos do mundo.O País Vasco tiña unha taxa de paro do 3,5%, que seguiu mantendo ata outubro de 2008 a pesar da desaceleración da economía. A taxa de paro segundo a Enquisa de Poboación Activa no segundo trimestre de 2010 era do 10,40%.


Cultura: A lingua.

No País Vasco faláronse dúas linguas desde fai séculos, o español ou castelán e o eúscaro ou vascuence, sendo as dúas orixinarias da rexión, pois o primeiro xurdiu nunha zona ampla que abarcaba tamén territorios do occidente das actuais Áraba e Biscaia. O éuscaro, a diferenza do resto de linguas españolas modernas, non procede do latín nin pertence á familia indoeuropea .O castelán é a lingua maioritaria nos fogares do País Vasco: no ano 2001, e era a lingua falada no fogar polo 83% da poboación, mentres que o éuscaro era a lingua falada polo 11,8% e un 5,2% usaba ambas as linguas por igual no fogar.Estas porcentaxes varían dunha provincia a outra, sendo Guipúscoa onde máis se fala éuscaro e Áraba onde menos. As poboacións gasconas asentadas en Guipúscoa trouxeron consigo a súa lingua, o gascón (xa desaparecido do País Vasco, aínda que se conservaron algunhas comunidades ata o século XX).

Museo Guggenheim: Bilbao.

O Museo Guggenheim de Bilbao é unha das obras máis coñecidas do arquitecto canadense Frank Gehry,que foi o gañador do Premio Pritzker no ano 1989. É un museo de arte comtemporánea localizado en Bilbao. Trátase dun dos varios museos da Fundación Solomon R. Guggenheim.O museo foi aberto en 1997 é supón, canda a ponte deseñada por Santiago Calatrava, un dos grandes impulsores da economía vasca que supuxo un esforzo de revitalización da cidade de Bilbao, levada a cabo polas administracións publicas do País Vasco. Foi, no seu momento, un gran creador de emprego, debido a que as láminas de titanio utilizadas no seu recubrimento foron traballadas polos estaleiros da zona.Case desde a súa apertura o museo converteuse nunha importante atracción turística atraendo visitantes de numerosos países e constituíndo o símbolo máis importante da cidade de Bilbao. Este museo non é soamente un espazo expositivo, senón que se ergue como un dos fitos da cidade, lugar de reunión e zona de lecer.


San Sebastián.

San Sebastián é unha cidade e concello do norte do País Vasco, na costa do golfo de Biscaia e na proximidade da fronteira con Francia. É a capital da provincia de Guipúscoa desde 1854. A súa poboación é de 186.122 habitantes (2011), e o seu área metropolitana alcanza os 436.500 (2010).

As súas principais actividades económicas son o comercio e o turismo,constituíndo no pasado un dos máis famosos destinos turísticos de España. A súa paisaxe, dominada pola baía da Concha, así como o seu desenvolvemento arquitectónico moderno iniciado na segunda metade do século XIX, que configurou unha cidade de corte francés e aburguesado, propiciaron o desenvolvemento da actividade turística a escala europea. Todo iso, unido a eventos internacionais como o Festival Internacional de Cine Donostia, deu proxección exterior á cidade, malia as súas pequenas dimensións.

Comment Stream