Ada Lovelace

Watercolor portrait of Ada Lovelace (A. Chalon), Sir HenryNorris en Wikipedia Public Domain

QUÉN É?

Escritora e matemática, pioneira no campo da programación de computadoras. Nacida o 10 de Novembro do 1815 e finada o 27 de Novembro do 1852. Traballou co pai dos ordenadores, Charles Babbage. Actualmente é recordada principalmente porqué escribiu unha descripción da antigua máquina analítica de Charles Babbage,e por desenvolver intruccións para facer cálculos nunha versión inicial da computadora.

VIDA

Filla do famoso poeta romántico Lord Byron e da matemática Annabella Milbanke. Os seus pais separáronse cando ela tiña un ano de idade. Desde moi pequena tivo excelentes profesores de matemáticas, astronomía, literatura e música. Aos 14 anos quedou paralítica polo que dedicou moitas horas ao estudo e a lectura. Sendo unha moza, coñece ao científico inglés Charles Babbage e causoulle tal impresión, que desde entón pensou dedicarse ás matemáticas. Aos 19 anos contraeu matrimonio con William King con quen tivo tres fillos.En 1843, era unha matemática recoñecida aínda que seguía asinando os seus artigos coas súas iniciais por temor a que polo feito de ser escritos por unha muller fosen rexeitados. A súa máquina analítica mecánica permitía calcular calquera función algebraica e almacenar números; o programa introducíase na máquina mediante cartóns. Foi a primeira programadora da historia. A finais dos anos setenta, o Departamento de Defensa desenvolveu a primeira linguaxe de software tal e como hoxe coñecémolo, e para emulala, lembrar o seu traballo e darlle o crédito que se merecía, denominárono ADA. Aos 29 anos enfermou gravemente. Tras moitos anos de sufrimento Augusta Ada Byron faleceu en Londres o 27 de novembro de 1852. Byron mantivo unha intensa relación a distancia coa súa filla e bautizou co nome de Ada a moitas das heroínas da súa obra poética. O seu corpo foi enterrado xunto ao do seu pai ao que nunca coñeceu.

OS SEUS LOGROS

Durante a súa vida as súas achegas foron pouco apreciados, só déronselle a importancia merecida anos despois da súa morte, pero non foi até o seguinte século cando se aproveitaron para os avances da informática. Algúns dos recoñecementos post mortem que se lle deron son os seguintes: Moitas foron as mulleres que realizaron grandes achegues á informática, aínda así Ada Lovelace é a única muller que conta cunha linguaxe de programación que leva o seu nome: en 1979 o Departamento de Defensa dos Estados Unidos creou unha linguaxe de programación baseado en Pascal en honra de Ada Byron chamado linguaxe de programación ADA. O seu rostro tamén apareceu como marca de autenticidade nos certificados de licenza do sistema operativo Microsoft Windows. No ano 2001 o autor alemán de ciencia-ficción Michael Flynn publicou unha novela: No país dos cegos. É unha ucronía onde se especula sobre as consecuencias de haberse construído a máquina analítica co programa de Lovelace e a súa utilización por unha sociedade secreta para gobernar en segredo até a actualidade. A novela gañou os premios Locus, Compton Crook e Prometheus. En 2010 comenza a filmación dunha película sobre a súa vida, o título es Enchantress Of Numbers, o a encantadora dos números.

Diego F.